Coa nosa APP estarás ao tanto de toda a información, actividades, horarios, novidades e promocións. Recibirás notificacións instantáneas con toda a información importante, coñecerás no momento calquera cambio nos nosos horarios, as novas actividades que incorporamos ou calquera aviso urxente.
Tamén podes ver as túas rutinas de adestramento e dietas personalizadas. A nosa intención é interactuar cos nosos clientes dunha forma dinámica e eficaz.
Queremos dar o salto ao seguinte nivel e ofrecerche unha APP moderna, útil e fácil de usar. De forma rápida e intuitiva, cun só clic terás no teu dispositivo móbil.
A nosa APP conta cun novo sistema integrado de reserva de clases dende o que podes reservar praza na túa actividade favorita, cun só toque saberás se hai dispoñibilidade ou entras na lista de espera. Esquécete de ter que facer unha chamada telefónica, rexistrarte nas listas, facer cola na porta do salón...
Descarga a nosa APP BO! GYM APP e goza de todas as vantaxes.
Última actualización
1 de nov. de 2023