Transcrición instantánea

268.000 recensións
Clasificación de contido
Todos
1.000 M+
Descargas
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla

Acerca desta aplicación

Transcrición instantánea e Notificacións de sons axúdalles ás persoas xordas ou con problemas auditivos a ter conversas cotiás e identificar os sons do arredor máis facilmente con só un teléfono Android.

Na maioría dos dispositivos, cómpre seguir estes pasos para acceder directamente a Transcrición instantánea e Notificacións de sons:
1. No dispositivo, abre a aplicación Configuración.
2. Toca Accesibilidade.
3. Segundo a función que queiras usar, toca Transcrición instantánea ou Notificacións de sons

Tamén podes usar o botón ou o xesto de accesibilidade, ou Configuración rápida para iniciar Transcrición instantánea ou Notificacións de sons (https://g.co/a11y/shortcutsFAQ).

Transcricións en tempo real
• Unha interface de conversas redeseñada que ofrece unha comunicación máis fluída e sinxela.
• Obtén transcricións en tempo real en máis de 80 idiomas e dialectos. Engade palabras personalizadas que uses frecuentemente, como nomes ou obxectos cotiáns.
• Configura o teléfono para vibrar cando alguén diga o teu nome.
• Escribe respostas nas conversas.
• Usa os micrófonos externos dos auriculares con cable e dos auriculares Bluetooth, ademais de micrófonos USB, para mellorar a recepción do audio.
• Nos teléfonos pregables, fai que se mostren na pantalla exterior as transcricións e as respostas escritas para que che sexa máis doado comunicarte.
• Escolle a opción de gardar as transcricións durante 3 días. As transcricións gardadas conservaranse no teu dispositivo durante ese prazo para que poidas copialas e pegalas noutros lugares. De forma predeterminada, as transcricións non se almacenan.

Notificacións de sons
• Recibe notificacións no caso de que se detecten sons importantes ao teu redor (o chío dunha alarma de fume, un bebé chorando…).
• Engade sons personalizados para recibir notificacións cando os teus electrodomésticos piten.
• Revisa os sons das últimas 12 horas para comprobar o que ocorreu ao teu arredor.

Requisitos:
• Android 12 e versións posteriores.

Transcrición instantánea e Notificacións de sons creouse coa colaboración da Universidade Gallaudet, a universidade para persoas xordas e con problemas auditivos máis importante dos EUA.

Axuda e comentarios
• Para facernos chegar os teus comentarios e recibir información actualizada dos nosos produtos, únete ao grupo de Google para cuestións de accesibilidade en https://g.co/a11y/forum.
• Se necesitas axuda en relación co uso de Transcrición instantánea e Notificacións de sons, ponte en contacto connosco en https://g.co/disabilitysupport.

Aviso sobre permisos necesarios
Micrófono: Transcrición instantánea e Notificacións de sons necesita acceder ao micrófono para transcribir o que se diga e os sons que haxa ao teu redor. O audio non se almacenará despois de procesar as transcricións ou os sons recoñecidos.
Notificacións: As funcións de Notificacións de sons necesitan ter acceso ás notificacións para poder avisarte cando se produza algún son.
Dispositivos próximos: Transcrición instantánea necesita ter acceso aos dispositivos que estean preto para conectarse aos teus micrófonos Bluetooth.
Servizo de accesibilidade: Notificacións de sons usa Accessibility Service API para executar o seu servizo de detección de sons en segundo plano e permitir o acceso rápido mediante o botón ou o xesto de accesibilidade do teu dispositivo. Esta API non se usa para ler, recompilar nin almacenar contido da pantalla nin información persoal.
Transcricións en tempo real das túas conversas e notificacións de eventos de son
Última actualización
17 de ago. de 2026

Seguranza dos datos

A seguranza pasa por entender como recompilan e comparten os teus datos os programadores. As prácticas relacionadas coa seguranza e a privacidade dos datos utilizadas poden variar en función do uso, a rexión e a idade. O programador facilitou esta información e pode modificala co paso do tempo.
  • Non se comparten datos con terceiros
    Máis información sobre como fan os programadores declaracións acerca dos datos que comparten
  • Esta aplicación pode recompilar estes tipos de datos
    Información persoal, Audio e 3 máis
  • Encríptanse os datos en tránsito
  • Non se poden eliminar os datos

Valoracións e recensións

262.000 recensións
guiri llada
17 de decembro de 2025
Limitada lingüisticamente
Pareceuche útil?
Miguel Oregon
9 de setembro de 2023
Te mando un buen inicio
2 persoas consideraron que esta recensión é útil
Pareceuche útil?
Tino Lema
26 de xaneiro de 2021
Good job, finally we have Live Transcribe with sound recognition 👍🏻. It will be very useful for deaf people. In my case, Sound Notifications recognizes the doorbell but it's not able to recognise the doorbell of the entrance building (I think that the sound is something different). Can you solve this problem? It's possible to recognise customised sounds that works for any doorbell model? The last versión is more stable and can run longtime without crashing
5 persoas consideraron que esta recensión é útil
Pareceuche útil?

Novidades

• Unha interface de conversa redeseñada que permite comunicarse de xeito máis fluído e sinxelo.