SD Maid axudarache a manter o teu dispositivo limpo e ordenado!
Ofrece unha colección de ferramentas para administrar as aplicacións e os ficheiros.
Ninguén é perfecto e Android non é unha excepción.
As aplicacións que eliminas en ocasións deixan residuos.
Rexistros, informes de erro e outros ficheiros non necesarios son creados constantemente.
O teu dispositivo almacena ficheiros e directorios que non recoñeces.
Non hai por que seguir con isto... Deixa que SD Maid che bote unha man!
SD Maid permíteche:
• Examinar todo o dispositivo e manipular ficheiros mediante un completo explorador de ficheiros.
• Eliminar ficheiros prescindibles do sistema.
• Administrar aplicacións instaladas polo usuario e polo sistema.
• Detectar ficheiros antigos pertencentes a aplicacións xa desinstaladas.
• Procurar ficheiros polo nome, contido ou data.
• Obter unha descrición polo miúdo do almacenamento dos dispositivos.
• Optimizar bases de datos.
• Realizar a limpeza de aplicacións e eliminar ficheiros non necesarios (o que se coñece como "limpeza da caché").
• Detectar imaxes, música ou documentos duplicados, independentemente do seu nome ou localización.
• Executar ferramentas de forma automática ben mediante programación ben mediante widgets.
Aínda che quedan dúbidas? Envíame un correo electrónico!
Última actualización
23 de dec. de 2023