A historia que Hércules nos recomenda esta vez transcorre no estado norteamericano de Kentucky. Unha enxeñosa rapaciña (Lloyd Sherman) e o seu can (Fritz) infíltranse na propiedade dun vello e arisco coronel. O enfado inicial do home pronto deixa paso a unha gran complicidade entre eles, ata que o pai de Lloyd regresa da súa viaxe de negocios polo Oeste. A partir dese momento, a relación entre a pequena e o coronel ponse a proba...