Follas novas

· 書商:Edicións Xerais
電子書
496
符合資格

關於本電子書

Despois de "Cantares gallegos" (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con "Follas novas" (1880). O seu lirismo intrasubxectivo e radical, lonxe do romanticismo convencional, a nova flexión realizada da alegoría nacional de Galicia e a renovada concepción estética e autónoma do feito literario acaban por selar o vigor da literatura en galego e testemuñan a apertura de horizontes do proxecto que Rosalía de Castro lideraba. Todo fai que "Follas novas" sexa considerada unha das grandes referencias da poesía galega de todos os tempos. Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín ("A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego"), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crítica de "Follas novas" ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas. Imaxe de cuberta: retrato de Modesto Brocos, Fundación Rosalía de Castro.

關於作者

Rosalía de Castro (1837-1885) é considerada como a escritora nacional de Galicia e a publicación de «Cantares gallegos» (1863) tense como o inicio do denominado Rexurdimento. Filla da fidalguía rural galega, na vida de Rosalía considéranse decisivos para a súa formación intelectual o paso polo Liceo de la Juventud en Compostela e a posterior experiencia madrileña. Foi en Madrid onde publi-cou a súa primeira obra («La Flor», 1857) e onde coñeceu e casou con Manuel Murguía (1858). A súa vida a partir de aquí coñeceu unha grande itinerancia e unha intensa dedicación á escrita. En prosa e en verso, en galego e castelán, a obra de Rosalía de Castro ocupa un lugar moi relevante nas letras europeas do século XIX. Os seus manifestos feministas («Lieders» e «Las literatas»), o seu avanzado pensamento político e social («Follas novas», «El caballero de las botas azules») ou a súa decidida posición crítica como intelectual convértena nunha figura literaria que concita sempre un renovado e múltiple interese. Caracterizada por unha persoal retórica e unha orixinal estratexia en que se modernizan os pactos co lector, tanto os do romanticismo coma os do realismo, a padronesa afondou como poucos nalgúns dos conflitos dialécticos da súa época e nas profundidades abisais da subxectividade do eu, como proban «Follas novas» e «En las orillas del Sar». Fiel á súa Terra de Iria, a pesar de tanto vagar, pasou nela os seus derradeiros anos de vida e nela compuxo esta última obra, capital na súa produción. Enterrada no cemiterio da Adina en Iria, os seus restos foron trasladados a San Domingos de Bonaval, no que hoxe é o Panteón de Galegos Ilustres.

為這本電子書評分

歡迎提供意見。

閱讀資訊

智慧型手機與平板電腦
只要安裝 Google Play 圖書應用程式 Android 版iPad/iPhone 版,不僅應用程式內容會自動與你的帳戶保持同步,還能讓你隨時隨地上網或離線閱讀。
筆記型電腦和電腦
你可以使用電腦的網路瀏覽器聆聽你在 Google Play 購買的有聲書。
電子書閱讀器與其他裝置
如要在 Kobo 電子閱讀器這類電子書裝置上閱覽書籍,必須將檔案下載並傳輸到該裝置上。請按照說明中心的詳細操作說明,將檔案傳輸到支援的電子閱讀器上。