Dolores Redondo (Donostia, 1969) estudou Dereito e RestauraciÃŗn, e durante algÃēns anos dedicouse aos negocios. Na actualidade reside na Ribera Navarra e o seu oficio Ê a escrita. Logo de publicar a sÃēa primeira novela en 2009, comezou a triloxÃa do Val do BaztÃĄn, protagonizada pola inspectora Amaia Salazar, que Xerais publicou en galego na sÃēa totalidade: "O gardiÃĄn invisible" (2013), "Legado nos Ãŗsos" (2013) e "Ofrenda ÃĄ tormenta" (2014). Considerada como unha autÊntica revelaciÃŗn da novela negra, con estas obras obtivo un grande Êxito de lectores e foi traducida a mÃĄis de vinte linguas. En 2016 obtivo o premio Planeta con "Todo isto che darei", novela localizada na Ribeira Sacra, publicada en galego por Xerais. A sÃēa Ãēltima novela " A cara norte do corazÃŗn" (Xerais, 2019) tamÊn estÃĄ protagonizada pola inspectora Amaia Salazar.
RamÃŗn NicolÃĄs (Vigo, 1966) Ê profesor e crÃtico literario. Escribe semanalmente nas pÃĄxinas do suplemento Fugas de "La Voz de Galicia" e con asiduidade no blog literario Caderno da crÃtica. à membro da FundaciÃŗn Celso Emilio Ferreiro e doutras asociaciÃŗns crÃticas e literarias, alÊn de dirixir a colecciÃŗn Biblioteca das Letras Galegas de Xerais. Asinou diversas traduciÃŗns e ensaios, ademais de estudar a obra de autores como Manuel LuÃs AcuÃąa, Manuel Lueiro Rey, Ãlvaro Cunqueiro, RamÃŗn Cabanillas, LugrÃs Freire ou Celso Emilio Ferreiro. Os seus Ãēltimos libros foron a biografÃa "Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro" (Xerais, 2012) e as novelas "O espello do mundo" (Xerais, 2016) e "Lapis na noite" (Xerais, 2018). Foto de Anxo Cabada