Ofrenda á tormenta

· Selges av Edicións Xerais
E-bok
592
Sider
Kvalifisert

Om denne e-boken

Na derradeira e contundente novela da triloxía de Dolores Redondo ambientada no Val do Baztán, topamos de novo coa inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral de Navarra, un dos personaxes máis singulares da novela negra publicada nos últimos anos. Outra volta cunha trama trepidante e estremecedora, a novela non deixa en ningún momento de causar sorpresa nos lectores e lectoras. A trama comeza cando unha muller atopa sospeitosa a morte súbita da súa neta, aínda un bebé de berce, dado o estraño comportamento do pai da nena, detido cando intentaba roubar o cadáver. Na trama entra tamén en xogo, da man da avoa, unha criatura máxica arraigada no val, chamada inguma, un ser maléfico que é quen de durmir persoas ás que lles arrebata a vida. A ese feito engádese a circunstancia de que o bebé mostra unhas marcas avermelladas no rostro que son indicio de sucesos irregulares. Pero tamén o asasino aparece morto na súa cela da cadea, logo dun coma inducido por unha droga. A inspectora Amaia Salazar e o seu equipo descobren as circunstancias irregulares dalgúns crimes parecidos que se produciron no pasado no propio val e a trama acelérase cara a unha resolución sorprendente para a que a inspectora debe enfrontarse á verdadeira orixe dos sucesos que marcaron tan decididamente o Val do Baztán.

Om forfatteren

Dolores Redondo (Donostia, 1969) estudou Dereito e Restauración, e durante algúns anos dedicouse aos negocios. Na actualidade reside na Ribera Navarra e o seu oficio é a escrita. Logo de publicar a súa primeira novela en 2009, comezou a triloxía do Val do Baztán, protagonizada pola inspectora Amaia Salazar, que Xerais publicou en galego na súa totalidade: "O gardián invisible" (2013), "Legado nos ósos" (2013) e "Ofrenda á tormenta" (2014). Considerada como unha auténtica revelación da novela negra, con estas obras obtivo un grande éxito de lectores e foi traducida a máis de vinte linguas. En 2016 obtivo o premio Planeta con "Todo isto che darei", novela localizada na Ribeira Sacra, publicada en galego por Xerais. A súa última novela " A cara norte do corazón" (Xerais, 2019) tamén está protagonizada pola inspectora Amaia Salazar. Ramón Nicolás (Vigo, 1966) é profesor e crítico literario. Escribe semanalmente nas páxinas do suplemento Fugas de "La Voz de Galicia" e con asiduidade no blog literario Caderno da crítica. É membro da Fundación Celso Emilio Ferreiro e doutras asociacións críticas e literarias, alén de dirixir a colección Biblioteca das Letras Galegas de Xerais. Asinou diversas traducións e ensaios, ademais de estudar a obra de autores como Manuel Luís Acuña, Manuel Lueiro Rey, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Lugrís Freire ou Celso Emilio Ferreiro. Os seus últimos libros foron a biografía "Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro" (Xerais, 2012), "Antoloxía do Rexurdimento" (Xerais, 2024) e as novelas "O espello do mundo" (Xerais, 2016) e "Lapis na noite" (Xerais, 2018). Foto de Anxo Cabada

Vurder denne e-boken

Fortell oss hva du mener.

Hvordan lese innhold

Smarttelefoner og nettbrett
Installer Google Play Bøker-appen for Android og iPad/iPhone. Den synkroniseres automatisk med kontoen din og lar deg lese både med og uten nett – uansett hvor du er.
Datamaskiner
Du kan lytte til lydbøker du har kjøpt på Google Play, i nettleseren på datamaskinen din.
Lesebrett og andre enheter
For å lese på lesebrett som Kobo eReader må du laste ned en fil og overføre den til enheten din. Følg den detaljerte veiledningen i brukerstøtten for å overføre filene til støttede lesebrett.