Operacións auxiliares de xestión de tesouraría

· Ediciones Paraninfo, S.A.
5.0
1 条评价
电子书
284
符合条件

关于此电子书

Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Operacións Auxiliares de Xestión de Tesouraría, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.


Operacións auxiliares de xestión de tesouraría iníciase cunha introdución ao sistema financeiro español que facilita o coñecemento dos instrumentos e mercados, así como das institucións que operan en dito sistema.


A continuación, trátanse os medios de cobramento e pagamento, e diferentes elementos de control de tesouraría. Deseguido, explícanse os cálculos propios das operacións financeiras, desde as leis de capitalización simple e composta ou o desconto comercial, ata as rendas e a liquidación de préstamos. O libro remata cunha parte dedicada ás operacións de seguros.


Cada unidade inclúe, ademais da explicación teórica necesaria, numerosas actividades resoltas e exemplos, táboas, figuras e cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades finais de comprobación (tests para a toma de conciencia do grao de dominio da materia), e de ampliación (casos propostos con solución final). Así mesmo, achéganse ao longo das diferentes unidades actividades propostas, para que o profesor dispoña dunha ferramenta adicional que complemente a explicación teórica.


En definitiva, Operacións auxiliares de xestión de tesouraríacontén a formación necesaria para habilitar o alumnado para a realización das operacións administrativas propias do procedemento de xestión de tesouraría necesarias para a adecuada dirección financeira da empresa.

评分和评价

5.0
1 条评价

作者简介

O autor, licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, conta con máis de 20 anos de experiencia profesional na docencia de Formación Profesional e Bacharelato da rama Administrativa. Ademais, desempeñou cargos directivos durante varios anos e, actualmente, compaxina a actividade docente coa Coordinación de Programas Internacionais, xestionando prácticas laborais no estranxeiro para alumnos de ciclos formativos.

为此电子书评分

欢迎向我们提供反馈意见。

如何阅读

智能手机和平板电脑
只要安装 AndroidiPad/iPhone 版的 Google Play 图书应用,不仅应用内容会自动与您的账号同步,还能让您随时随地在线或离线阅览图书。
笔记本电脑和台式机
您可以使用计算机的网络浏览器聆听您在 Google Play 购买的有声读物。
电子阅读器和其他设备
如果要在 Kobo 电子阅读器等电子墨水屏设备上阅读,您需要下载一个文件,并将其传输到相应设备上。若要将文件传输到受支持的电子阅读器上,请按帮助中心内的详细说明操作。