Empresa e Administración

· Ediciones Paraninfo, S.A.
Ebook
244
Pages
Eligible

About this ebook

Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Empresa e Administración, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.


Empresa e Administración ofrece información sobre emprendemento e innovación, destacando o valor da innovación na actividade empresarial, e incluíndo a definición legal de persoa emprendedora e as características dos emprendedores. Tamén trata sobre o risco, como elemento asociado ao emprendemento e a innovación; sobre a oportunidade que para as empresas supón a súa internacionalización; e sobre as axudas e ferramentas existentes para emprender e innovar.


Por outro lado, abórdase o concepto de empresa e empresario, coas formas xurídicas que máis frecuentemente se adoptan para o desenvolvemento da actividade empresarial, e mais os trámites que cómpre efectuar para constituír e poñer en marcha a empresa. Tamén se analizan a configuración do sistema tributario español e as principais obrigas fiscais da empresa.


Por último, tras facerse referencia á separación dos poderes do Estado e as fontes do ordenamento xurídico, trátase sobre o réxime xurídico do sector público e a regulación que afecta ao persoal ao seu servizo. Ademais, analízase a actuación da Administración nas súas relacións cos cidadáns, abordando o concepto de acto administrativo e as fases do procedemento, así como as posibilidades de revisión das resolucións administrativas.


Así mesmo, cada unidade inclúe variadas actividades propostas e gran cantidade de cadros de información adicional con exemplos reais e un práctico mapa conceptual que facilita o repaso. Para rematar, ao concluír cada unidade, ofrécense actividades finais de comprobación tipo test, de aplicación, e de ampliación.

About the author

O autor, diplomado en Ciencias Empresariais e en Relacións Laborais, e graduado en Dereito, é funcionario de carreira en activo no corpo de profesores de ensino secundario, e do corpo de profesores técnicos de formación profesional. Conta con máis de 15 anos de experiencia profesional na docencia de Ciclos Formativos de grao medio e superior da familia de Administración e Xestión. Ademais, a súa formación foise complementando con diversos cursos de actualización e a realización do máster en Práctica da Avogacía.

Rate this ebook

Tell us what you think.

Reading information

Smartphones and tablets
Install the Google Play Books app for Android and iPad/iPhone. It syncs automatically with your account and allows you to read online or offline wherever you are.
Laptops and computers
You can listen to audiobooks purchased on Google Play using your computer's web browser.
eReaders and other devices
To read on e-ink devices like Kobo eReaders, you'll need to download a file and transfer it to your device. Follow the detailed Help Center instructions to transfer the files to supported eReaders.