Sigue as túas canles RSS favoritas con FeedFlow, un Lector RSS minimalista.
Desfruta dunha experiencia de lectura sen distraccións, FeedFlow mostra unha
lista e abre os artigos nos seus propios sitios web ou no modo lectura.
Personaliza a experiencia de lectura elixindo o teu navegador preferido. Deste
xeito podes seleccionar un navegador con máis controis de privacidade para
separar as túas lecturas do navegador habitual. Incluso podes evitar o
navegador, FeedFlow ofréceche un modo lectura para desfrutar do contido dos
artigos sen distraccións.
Migrar os teus datos a FeedFlow é moi doado. Podes importar as túas canles RSS
grazas ao sistema de importación usando ficheiros OPML, garantizando unha
experiencia de lectura sen chanzos.
Podes centrarte en ler (ou só mirar por enriba)!
A app está en desenvolvemento, algunhas características aínda poderían non
funcionar ben. Informa das incidencias ou suxire novas características!
Última actualización
20 de xan. de 2026