PlantNet Identificaci. Vexetal

4,5
241.000 recensións
10 M+
Descargas
Selección dos editores
Clasificación de contido
Para maiores de 10 anos
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla

Acerca desta aplicación

Pl@ntNet é unha aplicación que permite a identificación de plantas a través de fotografías do teléfono móbil. É moi útil cando non se conta con grandes coñecementos botánicos.

Pl@ntNet tamén se conforma coma un gran proxecto popular de ciencia: as fotografías rexistradas analízanse por persoal científico do mundo enteiro para comprender cada vez mellor a biodiversidade vexetal e fomentar a súa boa preservación.

Pl@ntNet permite entender mellor todo tipo de especies vexetais naturais: plantas con flor, árbores, herbas, froiteiras, coníferas, cactos, cultivos hortícolas, plantas bravas e moitas máis.

Pode asemade dexerga-lo tipo de plantas de parques e xardíns malia non se-lo seu obxecto principal. O afán primordial é inventaria-las especies silvestres que se atopan no medio natural, e tamén en cunetas, urbes, na poula das terras de labor e coidado...

Canta máis información visual se proporcione, a identificación faise máis efectiva e satisfactoria. De feito, por veces moitas plantas semellan iguais dende lonxe e só nos detalles se pode reparar na súa distinción.

As flores, os froitos e as follas son os membros máis característicos das plantas e por iso se adoitan enfocar especialmente nas fotografías. Mais tamén hai órganos minuciosos que é bo coñecer e escrutar, coma as espiñas, as xemas e os pelos nos talos. Por iso a fotografía panorámica da planta enteira é moito mellor complementala con planos detalle, para obter unha mellor identificación.

Agora mesmo, Pl@ntNet permite recoñecer arredor de 20.000 especies. Aínda lonxe das 360.000 que aproximadamente habitan a Terra, enriquecemos este proxecto decontino canda utentes expertas e afeccionadas entre as que se pode topar vostede!

Non teña reparo en participar! As súas observacións serán revisadas pola comunidade e ás veces as fotografías tiradas por vostede ilustrarán as galerías de especies da aplicación en servizo de todas!

A nova versión de Pl@ntNet lanzada en xaneiro de 2019 inclúe melloras e novos recursos:
-A capacidade de barallar especies recoñecidas por xénero ou familia.
-A análise contrastada da información achegada para potencia-las utentes que amosaron máis agudeza (en especial as que fixeron maior número de identificacións validadas pola comunidade).
-A reidentificación de observacións xa partilladas, por calquera utente.
-A identificación multiflora, que estende a busca a calquera especie rexistrada e non só ás contidas en determinados proxectos. É moi útil cando se pescuda sen seguridade do ámbito de pertenza da planta.
-O marcado das súas floras preferidas para facilitarlle o acceso.
-A navegación con diferentes niveis taxonómicos na galería de imaxes.
-O mapeamento das observacións achegadas por vostede.
-Ligazóns a unha morea de fichas técnicas.

Hai tamén unha versión da aplicación en liña na rede, que se pode consultar mediante esta ligazón: https://identify.plantnet.org/
Última actualización
17 de xul. de 2024

Seguranza dos datos

A seguranza pasa por entender como recompilan e comparten os teus datos os programadores. As prácticas relacionadas coa seguranza e a privacidade dos datos utilizadas poden variar en función do uso, a rexión e a idade. O programador facilitou esta información e pode modificala co paso do tempo.
Esta aplicación pode compartir estes tipos de datos con terceiros
Fotos e vídeos
Esta aplicación pode recompilar estes tipos de datos
Localización, Información persoal e Fotos e vídeos
Encríptanse os datos en tránsito
Podes solicitar que se eliminen os datos

Valoracións e recensións

4,5
237.000 recensións
Sara Lou
6 de maio de 2023
Muy útil
Pareceuche útil?
Silvia Guimarey
10 de xuño de 2022
Rápido e fácil e resultados bastante correctos
Pareceuche útil?
Bruno Varela Màrquez
18 de xuño de 2022
Genial
Pareceuche útil?

Novidades

Explore your plant observations effortlessly with filters designed to arrange your sightings as gently as a breeze sways the grass. We've cultivated new statistics to help follow your own contributions and other user contributions, watch your impact grow! Finally, updates to our app's undergrowth ensure smoother growth and fewer bugs, so the app can flourish without a hitch!