Coa aplicación IKEA Home smart e o controlador DIRIGERA, crear momentos intelixentes con iluminación, altofalantes, estores e produtos de calidade do aire é doado.
Imaxina espertar mentres as túas luces intelixentes prenden suavemente. Aínda non saíches da cama, e as túas cancións favoritas xa están a soar nos altofalantes. Que bonito, verdade? Os produtos intelixentes como a iluminación, os altofalantes, os estores e os purificadores de aire poden ser complementos ideais para o teu día a día. Cando melloras o cociente intelectual do teu fogar, a vida flúe mellor.
A maxia xorde cando combinas varios produtos intelixentes de IKEA, dislles que deben facer a través aplicación, e gardas todo isto como unha "escena".
Unha boa escena é a que se utiliza a miúdo. Pensa en levantar e ir á cama, cociñar e comer, ter unha cita pola noite e pasar tempo en familia, ou saír e volver á casa. Podémoste axudar acotío coa mellor iluminación, o son que mellor se adapte ao teu ánimo e un aire máis limpo.
Cando falamos de control, pensamos en todo o mundo, desde os máis novos ata os maiores e mesmo as visitas. A aplicación permíteche ter un control total á hora de personalizar o teu fogar intelixente. Por outro lado, a nosa gama de mandos a distancia é a que permite a todo o mundo vivir nel e utilizalo.
Ter o control
• Podes controlar os produtos de forma individual ou en grupos. Podes acender e apagar habitacións enteiras, ou toda a casa, ao mesmo tempo.
• Regula e cambia as cores da luz, axusta as persianas, o volume dos altofalantes e moito máis.
• Configura as escenas que necesitas e actívaas con horarios, un botón de acceso directo ou utiliza a aplicación.
Doado de usar
• A pantalla de inicio ofrece unha vista xeral rápida de todo o teu fogar. Controla rapidamente produtos, accede a cuartos, ou inicia e finaliza escenas. Aquí tamén podes engadir novos produtos, cuartos e escenarios.
Organizado e personalizado
• Organizar os teus produtos intelixentes en cuartos permíteche acceder rapidamente aos produtos que queres controlar.
• Personaliza a aplicación coas iconas, nomes e cores que queiras para os cuartos e os produtos.
• Crea escenas persoais usando, por exemplo, a túa propia combinación de iluminación acolledora e a túa música favorita.
Integracións
• Conéctate a Alexa, de Amazon, ou a Google Home para utilizar un asistente de voz.
Última actualización
28 de out. de 2024