Warpinator para Android é un porto non oficial da ferramenta para compartir ficheiros do mesmo nome de Linux Mint. É totalmente compatible co protocolo orixinal e permite unha fácil transferencia de ficheiros entre dispositivos Android e Linux.
Características:
- Descubrimento automático de servizos compatibles na rede local
- Funciona en WiFi ou hotspot, sen necesidade de conexión a internet
- Transferir calquera tipo de ficheiro de xeito rápido e sinxelo
- Recibir directorios enteiros
- Executa varias transferencias en paralelo
- Compartir ficheiros doutras aplicacións
- Limitar quen pode conectarse usando un código de grupo
- Opción para iniciar no arranque
- Non precisa a túa situación nin ningún outro permiso innecesario
Esta aplicación é software libre baixo licenza GNU General Public License v3.
Podes obter o código fonte en https://github.com/slowscript/warpinator-android
Última actualización
27 de dec. de 2025