Amplificador de son

3,9
73.800 recensións
100 M+
Descargas
Clasificación de contido
Todos
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla

Acerca desta aplicación

Amplificador de son permite que as persoas con problemas auditivos accedan máis facilmente a conversas cotiás e aos sons do arredor con só un teléfono Android e un par de auriculares. Utiliza o servizo Amplificador de son para filtrar, aumentar e amplificar os sons do teu arredor e do dispositivo.

Dispoñible para dispositivos con Android 8.1 e versións posteriores. Para empezar a utilizar Amplificador de son, conecta os auriculares e despois vai a Configuración > Accesibilidade > Amplificador de son, ou ben a Configuración > Accesibilidade > Aplicacións descargadas.

Funcións
• Reduce o ruído non desexado para recoñecer mellor as voces.
• Co modo conversa, concéntrate na voz dunha persoa en lugares ruidosos (dispoñible para Pixel 3 e versións posteriores.)
• Escoita conversas, clases ou a televisión. Recoméndase usar auriculares Bluetooth para as fontes de audio que estean lonxe (ten en conta que o Bluetooth pode provocar que a transmisión do son sufra atrasos).
• Personaliza a experiencia auditiva para as conversas que se producen preto de ti ou para o contido multimedia que reproduzas no teu dispositivo. Podes reducir o ruído ou amplificar as frecuencias baixas, as altas ou os sons débiles. Configura as túas preferencias para os dous oídos xuntos ou por separado.
• Activa e desactiva Amplificador de son co botón Accesibilidade, cun só xesto, ou con Configuración rápida. Obtén máis información sobre o botón Accesibilidade, os xestos ou Configuración rápida: https://support.google.com/accessibility/android/answer/7650693
• Engade Amplificador de son á túa lista de aplicacións para poder acceder ao servizo dun xeito máis sinxelo. Na configuración de Amplificador de son, activa Mostrar icona na lista de aplicacións.

Requisitos
• Dispoñible para Android 8.1 e versións posteriores.
• Vincula o teu dispositivo Android cos auriculares.
• Actualmente o modo conversa está dispoñible en Pixel 3 e versións posteriores.

Envíanos os teus comentarios sobre Amplificador de son por correo electrónico ao enderezo sound-amplifier-help@google.com. Para obter axuda co uso do servizo, ponte en contacto connosco na seguinte ligazón: https://g.co/disabilitysupport.

Aviso sobre permisos necesarios
Micrófono: o acceso ao micrófono permitiralle a Amplificador de son procesar o audio para amplificalo e filtralo. Non se recolle nin se almacena ningún dato.
Servizo de accesibilidade: como esta aplicación é un servizo de accesibilidade, pode observar as túas accións, recuperar contido de ventás e ver o texto que escribes.
Última actualización
5 de feb. de 2024

Seguranza dos datos

A seguranza pasa por entender como recompilan e comparten os teus datos os programadores. As prácticas relacionadas coa seguranza e a privacidade dos datos utilizadas poden variar en función do uso, a rexión e a idade. O programador facilitou esta información e pode modificala co paso do tempo.
Non se comparten datos con terceiros
Máis información sobre como fan os programadores declaracións acerca dos datos que comparten
Esta aplicación pode recompilar estes tipos de datos
Información persoal, Audio e 3 máis
Encríptanse os datos en tránsito
Non se poden eliminar os datos
Revisión de seguranza independente

Valoracións e recensións

3,9
72.800 recensións