Crowdsource

4,0
15.500 recensións
1 M+
Descargas
Clasificación de contido
Adolescentes
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla

Acerca desta aplicación

Responde preguntas sinxelas e divertidas que teñen un grande impacto. Avanza polos diferentes niveis, gaña insignias e comparte os logros que vaias conseguindo. As túas contribucións voluntarias melloran os produtos de Google na túa zona. Indícalle ao Asistente de Google como entender mellor os significados, mellora o Tradutor de Google para o teu idioma e axuda a Google Fotos a identificar obxectos. Estes exemplos só son algúns tipos de contribucións, cada vez máis numerosos e diversos, que podes facer para mellorar Google de xeito local e global.



Proba algunhas destas tarefas para unirte á comunidade de colaboradores de Google:



Validación de escritura manual: Dinos se a escritura manual coincide co texto que ves.

Lectura de escritura manual: Indícanos se podes identificar o que di o texto escrito á man.

Comparación de escritura manual: Compara dous estilos de escritura manual e escolle o que prefiras.

Verificación de puntos: Comproba que o punto central estea sobre o suxeito.

Comparación de alimentos: Compara as características de dúas imaxes de comida.

Doazón de audio: Grava a túa voz para mellorar a tecnoloxía de voz.

Datos de alimentos: Dinos se unha comida ten unhas características en concreto.

Etiquetador de alimentos: Dinos a comida que aparece nunha imaxe.

Similitude semántica: Indícanos se dúas frases teñen o mesmo significado.

Comprensión de gráficos: Determina se os gráficos son comprensibles e fiables.

Escritura sen levantar o dedo: Pasa o dedo polo teclado para escribir o texto que ves.

Validación de audio: Escoita un clip de audio breve e indica se a pronunciación soa natural no teu idioma.

Descrición de imaxes: Grava a túa voz mentres describes as imaxes que se che mostran para mellorar a tecnoloxía de voz.

Verificación de etiquetas de imaxes: Dinos se as imaxes están ben etiquetadas.

Captura de imaxes: Recompila e comparte fotos da túa zona.

Tradución: Traduce frases e palabras a outros idiomas.

Validación de traducións: Selecciona as frases que se traducisen correctamente.

Recoñecemento de escritura manual: Mira un documento escrito á man e escribe o texto que ves.

Análise de sentimentos: Decide se unha oración no teu idioma é positiva, negativa ou neutra.

Cámara intelixente (precísase Android Lollipop 5.0 ou unha versión posterior): Orienta a cámara cara a un obxecto e comproba se o identifica.



Cada vez que envías unha resposta, contribúes a que os produtos de Google sexan máis inclusivos no futuro. Tamén recompensaremos a túa axuda con vantaxes (por exemplo, poñerte en contacto con outros colaboradores en encontros locais, recibir invitacións exclusivas a conversas en liña de Hangouts con Googlers e outras persoas colaboradoras, e aparecer de forma destacada nas canles sociais de Crowdsource). Cando esteas nun tren, nunha parada de autobús ou nunha cola, dedica uns minutos a mellorar os servizos de Google para a túa comunidade local.
Última actualización
14 de maio de 2024

Seguranza dos datos

A seguranza pasa por entender como recompilan e comparten os teus datos os programadores. As prácticas relacionadas coa seguranza e a privacidade dos datos utilizadas poden variar en función do uso, a rexión e a idade. O programador facilitou esta información e pode modificala co paso do tempo.
Esta aplicación pode compartir estes tipos de datos con terceiros
Información persoal
Esta aplicación pode recompilar estes tipos de datos
Localización, Información persoal e 5 máis
Encríptanse os datos en tránsito
Podes solicitar que se eliminen os datos

Valoracións e recensións

4,0
15.100 recensións

Novidades

Corrección en dispositivos Android 14 relacionada coa descarga de modelos de cámara para tarefas de cámara intelixente e captura de imaxes