Google Drive é un lugar seguro onde facer copias de seguranza de todos os teus ficheiros. Poderás acceder facilmente a eles desde calquera dispositivo, así como invitar outros usuarios a ver, editar ou comentar ficheiros ou cartafoles.
Drive permíteche:
• Manter os teus ficheiros protexidos: poderás gardalos e acceder a eles desde calquera lugar.
• Acceder nun chiscar de ollos aos ficheiros importantes e recentes.
• Buscar ficheiros por nome e contido.
• Compartir ficheiros e cartafoles, ademais de definir os permisos asociados a eles.
• Consultar contido sen conexión esteas onde esteas.
• Recibir notificacións sobre a actividade relevante que se leve a cabo nos teus ficheiros.
• Escanear documentos en papel directamente coa cámara do dispositivo.
Podes atopar máis información sobre a política de actualización de Google Apps en https://support.google.com/a/answer/6288871
As contas de Google contan con 15 GB de almacenamento que se reparte entre Google Drive, Gmail e Google Fotos. Para obter máis almacenamento, pódeste pasar a un plan de subscrición premium dentro da aplicación. O prezo das subscricións empeza desde 1,99 $ ao mes por 100 GB nos Estados Unidos (pode variar segundo a rexión).
Política de privacidade de Google: https://www.google.com/intl/gl/policies/privacy
Condicións de servizo de Google Drive: https://www.google.com/drive/terms-of-service
Última actualización
13 de nov. de 2024